Unha ciencia madura está rexida por un só paradigma, o cal establece as normas necesarias para legitimar o traballo dentro da ciencia que rexe. Coordina e dirixe a actividade de resolver problemas que efectúan os científicos normais que traballan dentro del.
A ciencia normal debe presupoñer que un paradigma proporciona os medios adecuados para resolver os problemas que nel se suscitan. Considérase que un fracaso na resolución dun problema é máis un fracaso do científico que unha insuficiencia do paradigma. Os problemas que se resisten a ser solucionados son considerados como anomalías, máis que como falsaciones dun paradigma. Kuhn recoñece que todos os paradigmas conterán algunhas anomalías e rexeita todas as correntes do falsacionismo.
Un científico normal non debe criticar o paradigma no que traballa. Só dese xeito é capaz de concentrar os seus esforzos. Un aspirante a científico ponse ao corrente dos métodos e as técnicas e as normas do paradigma resolvendo problemas normais, efectuando experimentos normais, e, finalmente facendo algunha investigación baixo a supervisión de alguén que xa é un experto dentro do paradigma.
Un científico normal típico será inconsciente da natureza precisa do paradigma no que traballa e incapaz de articularla, pero disto non se pode desprender que un científico non sexa capaz de intentar articular as presuposiciones implícitas na súa paradigma, si xorde a necesidade, é dicir, si o paradigma vese ameazado por un rival.
No hay comentarios:
Publicar un comentario