jueves, 5 de noviembre de 2015

O método científico resolutivo-compositivo

Galileo Galilei: O método científico resolutivo-compositivo

Galileo Galilei, é un dos cientificos máis importantes da idade moderna, polo seu grandes aportes á ciencia, especialmente no metodo de traballo, que usaba para chegar ás súas conclusións e formular as súas hipotesis, este metodo é o chamado ?método científico resolutivo-compositivo?

O método baseábase en 4 pautas a seguir:

1. Observación:
Hai que partir inevitablemente da precisión na consideración do obxecto da investigación, o que únicamente é posible pola determinación de datos de observación minuciosamente delimitados e con referencia a un problema que resolver. Generalmente o problema que se suscita fai referencia a unha teoría explicativa fronte á cal os datos observados non poden ser explicados por ela, ben por un cambio de concepto no fundamento ou por simple ampliación de observacións.

2.- Elaboración dunha hipótese explicativa:
A partir deste momento a explicación deste novo modo de concibir o fenómeno require unha explicación nova, o cal faise como hipótese ou teoría provisional á espera dunha confirmación experimental.

3. Dedución:
Sobre esta hipótese ou teoría faise necesario extraer as consecuencias que se derivan do feito de tela por verdadeira. Fundamentalmente ditas consecuencias deductivas deben ser de tipo matemático pois, como di Galileo, a natureza está escrita en linguaxe matemática

4. Experimento ou verificación
Móntanse as condicións nas que se poidan medir as consecuencias deducidas, procurando unhas condicións ideais para que as interferencias con outros factores sexan mínimos (rozamientos, ventos etc.), e comprobar si efectivamente en todos os casos, sempre se reproducen ditas consecuencias.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario